Valle, Juan Carlos

Valle, Juan Carlos

Juan Carlos Valle Karlotti naceu por primeira vez en Maside (Ourense) e en Valtuille de Abajo (León). Posteriormente renacería en tantas ocasións como episodios iniciáticos adornan a súa intensa biografía.

Poeta, viaxeiro e axitador tabernario, sempre na órbita dunha vangarda lúcida e militante, abrazou a esencia da vida descalza e libérrima, fugándose de todos aqueles estamentos sociais que o quixeron domesticar (familia, traballo, policía, España). Fruto da súa constante experimentación vital, articuloou movementos políticos y literarios en León e Valladolid, percorreu unha imaxinaria ruta da seda ata a India durante dous annos de deriva psicoxeográfica. Cofundador de La semana de Poesía Salvaxe de Ferrol, publicou un par de libros: Todos los jueves salvo la luna y Postales de humo.  A maior parte da sabedoría destilada pola vivencia radical de Karlotti permanece inédita.

Ir o contido