Vicente Araguas achégase aos dominios de Manuel Mar ía disposto a falar del tal como o coñeceu, a entrar no libro seu que máis estima, Andando a Terra, a analizar os dous libros de poemas no seu “annus mirabilis”; a facer o propio con ese libro clandestino, nada rexeitable, en español, que tan parece que os adeptos queiran borralo do mapa; a escoitar a música da súa voz no disco que gravara en Edigsa comezando as í o proceso da serie Xistral e, xa que logo, A Nova Canción Galega.