Comezar desde cero incorpora as testemuñas de mulleres que están a reconstruir as súas vidas en recursos de acollida; uns relatos que se engarzan con fluidez nas liñas argumentais de carácter máis teórica.
Tania plasma as súas historias dende a perspectiva de ser mulleres fortes,
con capacidade individual e colectiva para superar unha situación de tortura e terror que marcará as súas vidas para sempre. Esta realidade deberá ser considerada como unha enorme fortaleza para as mulleres xa que se sitúa ao agresor como perdedor ao non conseguir o seu obxectivo: a escravitude f ísica e emocional das súas parellas.