Xa está nas librar ías Baixo as mesmas nubes. Ferrol art book, o libro de Elga Fernández Lamas no que ilustra e interpreta un Ferrol que, en palabras do seu prologuista Xesús Constela, “é o barco que nos leva, a illa silandeira que navega na misteriosa deriva das súas propias singraduras, a nube que nos arrola entre as cores dos seus edificios máis emblemáticos”. Nel están o Casino ferrolá, o faro do cabo Prior, a casa de Carvalho Calero, o cine Capitol ou o Club Copacabana, entre unha trintena de imaxes marabillosamente debuxadas por Elga.