Edicións Embora ven de sacar á rúa “á sombra de Mar ía Silgar. Carvalho Calero contra a historia única”, unha densa e pormenorizada análise de Carvalho Calero e da súa dona, Mar ía Ignacia Ramos. Esta descóbrese como unha das tantas e tantas mulleres silenciadas que destacaron con luz propia no planisferio das letras dunha Galiza adoito magoada.
Pardo de Neyra aborda neste traballo o estudo dun Carvalho primeiro novelista de Posguerra e o dunha Ramos D íez inspiradora, aleitadora e mesmo escritora. Co pano de fundo da Historia Social, por este texto aténdese á realidade que levou Carvalho a agasallar á literatura galega coas súas primeiras tentativas romanc ísticas logo da implantación do fascismo inaugurado en 1936, as í como á do Carvalho docente, impulsor e inspirador do importante proxecto educativo do Colexio Fingoi de Lugo, un dos máis relevantes para a historia da educación galega.