Miniclásicos achega aos pequenos lectores dez das grandes obras clásicas da literatura universal. As adaptacións destes relatos foron realizadas por escritores de prestixio -cunha dilatada experiencia na docencia e na animación lectora-, e destacan polo seu vocabulario accesible, pola selección das escenas máis representativas de cada obra -que permiten reter a súa esencia-, e polos debuxos de grandes ilustradores, que complementan de xeito eficaz cada historia.
As í, os primeiros lectores poderán coñecer grandes personaxes da literatura como Ulises, Don Quixote, Gulliver, o rei Artur ou Quasimodo; viaxar por Par ís, Liliput, Italia ou Constantinopla, e á vez, descubrir historias de heroes incribles, amores eternos, aventuras únicas… dunha maneira sinxela e próxima, e comezar, deste xeito, a internarse nos relatos clásicos de todos os tempos.
Preme sobre a ligazón Miniclásicos da dereita para ver o listado de t ítulos e para adquirir exemplares.