Xosé Neira Vilas rematou Galicia, nosa ledicia -libro ilustrado marabillosamente por Dani Viéitez e Iria Iglesias- d ías antes de morrer, e lamentablemente non chegou a velo publicado.
De maneira sinxela e a través de 60 pareados, o autor repasa a historia de Galicia desde a cultura castrexa ata os nosos d ías, con referencias á Idade Media e Prisciliano, aos Irmandiños, á emigración ou ao galeguismo. Unha lección maxistral para o público máis novo que aprenderá con este libro os motivos que marcaron a nosa propia idiosincrasia.