Ante un salón de actos abarrotado, a escritora ferrolá presentou Invisible. Teor ía y práctica de mi suicidio, unha novela escrita para facer rir, para pensar (sen pasarse) e para axudar a facer un pouco máis visibles ás mulleres que se quedan nas esquinas suxeitando os bolsos das súas amigas nas festas.
A protagonista é unha muller gris, anódina, esquecida e invisible que decide facerse notar. Tómao moi en serio pois non ten nada que perder. Ao final do camiño está o suicidio pero antes ten moitas contas que saldar: “amigos” cos que reencontrarse e moita posta en escena que organizar, porque a súa sa ída deste chamado teatro da vida vai ser todo un espectáculo.