“Amada Garc ía e os seus arredores”, do historiador Bernardo Máiz, chega este mes de marzo á súa segunda edición, apenas dous meses despois do seu lanzamento. A obra ofrece a visión dun tempo republicano que concluiu cando a xente do común como Amada Garc ía Rodr íguez foi v ítima dun golpe de Estado e do réxime ditatorial e os crimes e represión posteriores.
Preséntanos o autor unha Amada Garc ía histórica, fidedigna, contextualizada e lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático. A historia real supera á ficción.