Fóra de rexistro
13 Setembro 2023Recompilación de imaxes e melodías de músicos populares das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Sendo conscientes de que a fotografía é o documento básico para plasmar a vida da sociedade do século vinte, o volume presenta imaxes antigas de artesáns de instrumentos, gaiteiros e acordeonistas solistas, grupos de gaitas, murgas e bandas de música, que tiveron protagonismo no tempo de lecer das xentes da súa época.
O volume inclúe un CD no que se recollen melodías que formaban parte do repertorio dalgúns destes músicos populares, interpretadas imitando as formacións orixinais que aparecen nas imaxes, e tamén gravacións orixinais dos propios protagonistas da fotografía.
A finalidade última da edición de Tanto Encanto Reunido é a de recuperar e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial relacionado coa nosa música popular.
Dimensións | 15,5 × 21 cm |
---|---|
Edición | 2014 |
Idioma | |
Páxinas | 120 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-92644-78-0 |