A velocidade crítica
13 Setembro 2023Como se fixo o primeiro alfabeto
13 Setembro 2023“O banqueiro anarquista” é o máis extenso texto de prosa literaria que Fernando Pessoa, máximo expoñente do modernismo literario en Portugal, publicara en vida.
O seu conto vainos introducindo no ambiente dunha especie de gentlemen’s club. Tras un xantar refinado, un rico empresario envolve a un inexperto interlocutor no fume do seu puro e nun raciocinio complexo e paradoxal.
Será unha lección iconoclasta e irónica sobre o que este banqueiro, confesadamente acaparador, considera ser o anarquismo verdadeiro e do que el se declara inventor. Xa o oxímoro do título desconcerta, e talvez ao lector o condicione na súa próxima ida ao caixeiro do banco.
Esta primeira tradución de Pessoa ao galego foi galardoada co Premio Plácido Castro atendendo á calidade da versión de Xoán Montero e aos criterios de interpretación do orixinal.