Muíños, fornos e pan de Neda
13 Setembro 2023A teoría dos contrarios
13 Setembro 2023Vicente Araguas achégase aos dominios de Manuel María disposto a falar del tal como o coñeceu, a entrar devagar no libro seu que máis estima, Andando a Terra, a analizar os dous libros de poemas de Manuel María no seu “annus mirabilis”, 1954; a facer o propio con ese libro clandestino, nada rexeitable, en español, que tan parece que os adeptos queiran borralo do mapa; a escoitar a música da súa voz no disco que gravara en Edigsa comezando así o proceso da serie Xistral e, xa que logo, A Nova Canción Galega.
Este libro, testemuño dun home, heroe este ano do Día das Letras Galegas, responsable -xa que logo- de que a xente do común saiba que un idioma é, tamén, literatura.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | abril, 2016 |
Idioma | |
Páxinas | 64 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-16456-27-7 |