Calendario poético
13 Setembro 2023Farruquiño
13 Setembro 2023Este segundo volume da Historia do Racing narra a “época clásica” do club, un amplo período que vai dende a tempada 1939/40 ata a de 1968/69, aquela na que o club verde fixo soñar á súa afección cun ascenso á Primeira División. Unha etapa na que o fútbol en España alcanza a maioría de idade como deporte de masas. Son os tempos da consolidación do Racing na Segunda División, da promoción de ascenso á máxima categoría no 1952, da inauguración do novo estadio sobre os cimentos do vello Inferniño, do descenso á Terceira de 1960 e da última grande época do club, co celebradísimo retorno a Segunda de xuño de 1966.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | 2010 |
Idioma | |
Páxinas | 524 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-92644-19-3 |
Outras suxestións nosas
Títulos relacionados
-
La capilla de Serantes
15,00€