Fábulas da montaña
29 Outubro 2024Así asaltamos el cielo. Carta al OAR del tiempo aquel
29 Outubro 2024Todo o mundo sabe que Mondoñedo está nun val que se asemella a “unha man a medio abrir” –así llo pareceu a Manuel María- ou a unha “cunquiña deleitosa, onde onde todo frolece e todo meda”, segundo o venerable Manuel Leiras Pulpeiro. E Álvaro Cunqueiro confirmounos en letras impresas que, efectivamente, Mondoñedo señorea unha valgada que “ten a medida xusta do ollo humano”.
Celebramos, pois, que somos un val, feituco e breve coma un berce que arrola un libro ilimitado, un libro que se anaina neste berce cheo de historia e historias, de palabras, músicas e cores ao remol das fantasías que aquí creamos.
Autor da portada J. Pedro Gómez.
Dimensións | 15 × 23 cm |
---|---|
Idioma | |
Encadernación | |
Páxinas | 218 |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-53-2 |