Vestida co arco da vella
13 Setembro 2023A urna dos desexos
13 Setembro 2023A linguaxe de Suso Lista ten a memoria humana, mais tamén a memoria líquida das ondas vagabundas e a memoria da ardentía no corazón do mundo. Talvez por iso é un xeito de narrar que nos acouga e desacouga, que nos equilibra e desequilibra que desvela e alumea zonas de sombra na condición humana, pero non fica aí, conformista, senón que deita novos enigmas. Tende conta ao intentar apreixar as Charamuscas. Son dunha irrompíbel fraxilidade. Teñen a verdade do que queima e asemade engrada os ollos. Son historias escritas coas mans de Suso Lista, das que o poeta Paul Celan ben diría: “Só as mans verdadeiras escriben contos verdadeiros”.
Manuel Rivas