El vino en Ferrol. Una historia para degustar
13 Setembro 2023Misterios e encantos de Bergantiños. O ouro soñado e outras quimeras
13 Setembro 2023Aldea Buxán é un libro singular, escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco.
Escribe Koki nunha lingua rica en léxico e matices, coloquial, verdadeira. Non é a súa unha lingua “de dicionarios” como diría Fernández del Riego, senón algo que flúe coa sinxeleza dun regueiro dos nosos montes. A autenticidade, como neste caso, ha de ser a primeira condición instrumental de quen se propón facer arte coa palabra escrita.
Neste libro hai, se nos atemos a certos matices e definicións convencionais, contos, estampas, cronicas; en fin, narracións. García Márquez dixo nunha ocasión que nun tempo só sabía que quería contar algo, transmitir algo e non lle importaba se era literatura ou xornalismo, historia ou artigo.
Aquí, afortunadamante, temos de todo. Vemos que a transhumancia non lle impide a Koki o vencello coa lingua galega e con Galicia. Máis ben o reafirma, como reafirma a súa vocación literaria e que nos traslada, nun xeito moi persoal de contar, a mundos diversos cunha linguaxe de gran madurez e autenticidade.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | marzo, 2022 |
Idioma | |
Páxinas | 156 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-60-0 |