Contos nerviosos
13 Setembro 2023Milladoiro de contos
13 Setembro 2023A requinta da Ulla é un instrumento musical tradicional galego, e como tal a súa historia está ligada a vida e á música do pobo onde se desenvolveu a súa actividade, concretamente no Val do Ulla. Dende a súa práctica desaparición (sobre os anos 80 do pasado século) ata hoxe, saíron á luz varios traballos imprescindibles para a recuperación deste fermoso instrumento tradicional, pero nunca tiveramos a ocasión de contemplar un cancioneiro de melodías que foran interpretadas no repertorio dos vellos requinteiros.
O traballo de transcrición de música sempre é unha difícil tarefa de estudo, limpeza e comprensión, mais sempre ten a súa recompensa cando con él se consigue resgardar e transmitir un patrimonio musical e inmaterial que estaba a piques de desaparecer.
á parte das máis de oitenta partituras transcritas, este estudo contén a historia dos inicios e o desenvolvemento da frauta no Val do Ulla, así como a historia do Obradoiro García Riobó (A Estrada), o taller de gaitas e requintas máis antigo de Galicia aínda en funcionamento, xénese da fermosa frauta ullá. Fotos de instrumentos antigos e modernos, de agrupacións tradicionais e bandas de música, acompañan a esta historia
musical do noso pasado.
Por último, o lector poderá volver á vida os sons da requinta da Ulla e da súa contorna, coa gravación do CD que acompaña a este libro, que contén exemplos das pezas transcritas nas partituras e os sons das vellas gaitas, requintas e percusións que algún día soaron con forza e as que nos tempos actuais queremos devolverlle o seu protagonismo.
Formato | 22,5×32 cm |
---|---|
Edición | Novembro, 2017 |
Idioma | |
Páxinas | 192 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-16456-66-6 |