Fóra de rexistro
13 Setembro 2023Ilustrado por Elga Fernández Lamas
A contrapelo ou por que rachar o círculo de depilación, submisión e autoodio
9,50€
É estraño que un trazo característico das mulleres adultas, a aparición do pelo na pube e nos sobrazos, se considera un trazo masculino que debemos eliminar por completo para parecermos “femininas”.
A presión para uniformar os corpos de nenas e mulleres ten que ver coa necesidade de facer recuar as mulleres ao imaxinario da menor de idade tutelada polos homes.
Dicir que a depilación é unha decisión persoal pódenos dar unha certa sensación de liberdade, pero cando depilarse ten premio social e non depilarse atrae o castigo, tal decisión deixa de ser inocente e pasa a ser política.
Bel Olid expón neste libro os motivos e os efectos da depilación da muller, incluídos a sumisión social e a inseguridade persoal.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | outubro, 2020 |
Idioma | |
Páxinas | 48 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-31-0 |