Cos ollos do avó
13 Setembro 2023La Ibense: unha heladería artesana en Ferrol
13 Setembro 2023O 20 de decembro de 1907 naceu na Habana o Himno Galego, por iniciativa do emigrante ferrolán Xosé Fontenla Leal, home lúcido e apaixonado que amaba a súa patria de orixe.
Teimaba Fontenla na creación dunha canción patria que identificase a Galicia. Os símbolos nacionais son moi respectados en América Latina. O mozo emigrante vivía nun país que acababa de obter a independencia e procuraba a propia identidade. El cavilaba na súa terra, da que o transplantaran en plena infancia. De primeiras pensou en Curros e Chané, un gran poeta e un gran músico, que daquela andaban enfadados, así que -home ben informado, tratándose de Galicia- pediulle a Eduardo Pondal e Pascual Veiga o poema e a composición musical que presentaran en 1890 a un concurso do Recreo de Artesanos da Coruña.
Formato | 25×21 cm |
---|---|
Edición | 2012 |
Idioma | |
Páxinas | 118 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-92644-42-1 |