Autor: Virxilio Rodríguez Vázquez
Colección: Narrativa
Formato: 13x21
Edición: outubro 2022
Idioma: galego
Páxinas: 68
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-17824-73-0

Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta 2021

Descubrimos nesta ópera prima unha reflexión sobre o estrañamento, o drama inmenso da separación e do desarraigamento, mais tamén unha alegación contra a dobrez e a falsidade que encarnan algunha dos personaxes da novela; todo relatado co eficaz instrumento dunha prosa directa e limpa e o emprego de recursos narrativos como a sucesión de pistas a modo de capítulos, as gravacións magnetofónicas e os diálogos vibrantes inzados de xiros e modismos da fala bonaerense. É de salientar, igualmente, o protagonismo da capital arxentina, as súas prazas, bulevares e avenidas que o inspector Rioboo percorre rememorando a súa estadía xuvenil naquela cidade mentres soa, como música de fondo, o piano de Keith Jarret.

(Juan Andrés Fernandez Castro, membro do xurado do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta)

P.V.P.
12.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +