Enrique Barreira Beitia naceu en 1955 en Zaragoza, e licenciose en Filología e Letras na súa Universidade. Casado e cunha filla, considérase ferrolán de adopción, pois reside nesta cidade desde 1980. En 1991 foi elixido concelleiro por Esquerda Unida-Esquerda Galega en Ferrol. No goberno municipal asumiu a responsabilidade de crear os Servizos Sociais. Dimitiu en 1999. Publicou diversos estudos sobre demografía e, desde que abandonou a actividade municipal, investiga os sucesos históricos relacionados coa transición en Ferrol. Publicou A Transición en Ferrol, e a obra colectiva O proceso dos 23. Tamén editou as Memorias dun antifranquista, de Enrique Vigo, e Jesús Rodríguez Pérez, protagonista dunha xeración.