Medo me dá!
27 mayo 2024Cartas de Marco Polo e outros relatos
15 julio 2024Un concelleiro galeguista mantén unha boa amizade cun ancián admirado pola comunidade pola súa filantropía. Funcasta, o Médico dos Pobres, vai cumprir cen anos e todos desexan contribuír á homenaxe.
A parella do político anda a pescudar a tradición oral local; en sucesivas visitas a un remoto fogar da montaña, as contas pendentes dunha guerra que semella afastada no tempo comezan a espertar o interese da investigadora. Que ocorrería se se chegase a descubrir que as maldades dun escuro personaxe do pasado puidesen manchar a quen menos se espera? Nove lúas reflicte o poder do tráfico de influencias nas institucións, os remorsos de quen o consegue todo a través das redes de corrupción e perde a cabeza ao chegar á certeza da súa inutilidade.
Esta novela retrata as actitudes humanas nesas pequenas comunidades onde semella que nunca pasa nada, e en realidade un torrente de paixóns flúe baixo un esencial condicionante: todo o mundo se coñece.
PREMIO NEIRA VILAS DE NOVELA CURTA 2023