Gómez Aneiros, Alberto

Gómez Aneiros, Alberto

Alberto Gómez Aneiros naceu en Ferrol. Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa de bibliotecario na Biblioteca Xeral de Fonseca. Amais de novelista e dramaturgo é, sobre todo, un recoñecido escritor de relatos. Varios deles foron premiados en concursos como o Certame Nacional Galego de Narracións Breves M.R. Figueiredo, o Certame Literario Valle-Inclán, o Certame de Narrativa Curta Á. Fole, o Certame Literario de Relatos de Aventuras A. Avilñes de Taramancos, o Concurso de Microrrelatos da USC, etc.

Até hoxe, ten sete libros de relatos publicados. É autor dun “Manifesto a prol da narrativa breve”, publicado na revista Grial (nº 190). Tamén foi galardoado no Premio de Teatro Breve J. Marinhas del Valle.

Ir al contenido