Invisible
13 septiembre 2023Adeus, capitán Walton
13 septiembre 2023O mal instálase en Cerqueixo. No pobo da costa o misterio de quen será o desaparecido dunha moto acuática que estoupou contra as bateas corroe á poboación. Mentres, un malfadado tolo que garda máis dun segredo reivindica o principio de exclusión de Pauli para ocupar o espazo que lle corresponde. Un equilibrio da materia que en Cerqueixo non se cumpre. Sobre as tensións entre un fato de habitantes do lugar paira a sombra de cregos fornicadores, meigas, lendas atávicas e cantares de cego. Baixo ela mestúrase unha realidade máis próxima: pobos sen futuro, narcotráfico e un mar que cuspe crebas. Enigmas e desacougo xúntanse na nova narración de Francisco Antonio Vidal, un referente das letras de noso en plena madurez creativa.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | abril, 2022 |
Idioma | |
Páxinas | 180 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-58-7 |