A velocidade crítica
13 septiembre 2023Como se fixo o primeiro alfabeto
13 septiembre 2023Historia do Racing Club de Ferrol. Tomo 1 (1919-1939)
20,00€
Agotado
Aínda que a presenza de técnicos e operarios británicos relacionados coa construción naval contribuíu á consolidación do fútbol en Ferrol nos comenzos do século XX, non foron estritamente estes os que o introduciron. Os primeiros vestixios futbolísticos en Ferrol tiveron dous momentos xerminais. O primeiro deles estivo protagonizado polos tripulantes da escuadra británica das Illas da Canal que visitou a cidade en 1892. O segundo foi propiciado por mozos da alta sociedade local que cursaran os seus estudos universitarios en Suíza. Ramón Piñeiro e os irmáns Pedro, Justo e José Lapique formaron os primeiros equipos e organizaron os primeiros partidos. Este libro -o primeiro dunha serie de catro que completan a obra- é o estudo máis exhaustivo e documentado de cantos se teñen publicado sobre o Racing Club de Ferrol e sobre as orixes da práctica deste deporte na cidade e a súa comarca.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | 2005 |
Idioma | |
Páxinas | 404 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-8495460-40-0 |