Salseiros
13 septiembre 2023Galicia, nosa ledicia
13 septiembre 2023Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única
22,00€
‘Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero contra a ‘historia única’ (xénese e análise d’ A xente da Barreira e Os señores da Pena) preséntase como unha densa e pormenorizada análise dun Carvalho Calero polígrafo mercé á intervención de Mª Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira.
Esta descóbrese como unha das tantas e tantas mulleres silenciadas que, embora, destacaron con luz propia no planisferio das letras dunha Galiza adoito magoada. Do punto de vista integral e integrador, Pardo de Neyra aborda neste traballo o estudo do Carvalho primeiro novelista de Posguerra e o da Ramos Díez inspiradora, aleitadora e mesmo escritora. Co pano de fundo da Historia Social, por este texto aténdese á realidade que levou Carvalho a agasallar á literatura galega coas súas primeiras tentativas romancísticas logo da implantación do fascismo inaugurado en 1936, así como á do Carvalho docente, impulsor e inspirador do importante proxecto educativo do Colexio Fingoi de Lugo, un dos máis relevantes para a historia da educación galega.
Formato | 15×23 cm |
---|---|
Edición | Xuño, 2019 |
Idioma | |
Páxinas | 328 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-01-3 |