Calendario poético
13 septiembre 2023Farruquiño
13 septiembre 2023Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta 2021
Descubrimos nesta ópera prima unha reflexión sobre o estrañamento, o drama inmenso da separación e do desarraigamento, mais tamén unha alegación contra a dobrez e a falsidade que encarnan algunha dos personaxes da novela; todo relatado co eficaz instrumento dunha prosa directa e limpa e o emprego de recursos narrativos como a sucesión de pistas a modo de capítulos, as gravacións magnetofónicas e os diálogos vibrantes inzados de xiros e modismos da fala bonaerense. é de salientar, igualmente, o protagonismo da capital arxentina, as súas prazas, bulevares e avenidas que o inspector Rioboo percorre rememorando a súa estadía xuvenil naquela cidade mentres soa, como música de fondo, o piano de Keith Jarret.
(Juan Andrés Fernandez Castro, membro do xurado do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta)