Fóra de rexistro
13 septiembre 2023A presente edición de El desembarco de Doniños en la documentación británica, revisada e aumentada dous anos despois de esgotada a primeira, engade novidades de importancia para o completo coñecemento dos feitos de guerra que sucederon en Ferrol en agosto de 1800. As ordes impartidas por Henry Dundas, Secretario de Guerra, ao xeneral Pulteney, a carta cruzada entre estes trala derrota da súa Armada, e a tradución completa das actas parlamentarias do debate celebrado en Westminster o 19 de febreiro de 1801, no que se investigaron as responsabilidades dos sucesos de Ferrol, inclúense neste volume. Toda a documentación confirma a teoría de que o ataque só pretendía destruír as instalacións navais e a flota, mais non converter Ferrol nun novo Xibraltar, como se estivo a soster.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | 2002 |
Idioma | |
Páxinas | 227 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 84-95460-16-5 |