Charo Valcárcel (A Estrada -Vinseiro-, 1960) profesora do IES Valle Inclán de Pontevedra ata a súa xubilación en 2020, e fundou xunto con outros compañeiros do centro o grupo de teatro Argallada, aínda en activo.
Participou en publicacións colectivas como as das revistas Furman (2020) e Xistral (2021) e nas colectáneas de poesía luso-española: «Cultura sen fronteiras» e «Abraço de Culturas».
En decembro do 2021 publicou o seu primeiro poemario, «Cando os bosques sintan frío».