Naceu en Madrid en 1987 no seo dunha familia de gran tradición musical. Iniciouse na especialidade de trompeta co seu pai e estudou na Escola Municipal de Música Manuel de Falla, no Conservatorio Profesional de Música Teresa Berganza e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde acadou a Matrícula de Honra fin de carreira en 2009.
Foi membro da Orquesta de Estudiantes de la Comunidad de Madrid e da bolsa da Joven Orquesta Nacional de España.
Na actualidade é fliscorno solista da Unidad de música de la Guardia Real.
No eido da música tradicional foi membro fundador do cuarteto tradicional Miañadura. Impartiu clases de requinta e gaita e deu conferencia sobre a historia da gaita e a requinta. Foi gañador do terceiro premio no trofeo de gaita solista Mac Crimmon dentro do Festival Intercéltico de Lorient en 2017.