Naceu en 1956 en Catarou, fermoso val ubicado na parroquia de Galdo (Viveiro).
Malia ter por mor do seu oficio de impresor unha dilatada relación co mundo editorial -confesa ter asistido tecnicamente ao parto de preto dun milleiro de edicións da máis diversa paternidade- o seu patrimonio literario redúcese a algunhas puntuais colaboracións en medios escritos e á publicación en 2013 do libro Camiños de escuma e vento. (Notas dunha viaxe á vela polo mar de Galicia).
Tres balas é a súa primeira aventura encadrada na narrativa de ficción.