Fiadeiras, grupo de traballo do Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia, Ceesg, nace da necesidade de xerar un espazo feminista para o encontro, reflexión e praxe profesional das educadoras e educadores sociais de Galiza; encamiñado a romper cos modelos sexistas que seguen a frear, a día de hoxe, os avances cara unha sociedade democrática e xusta, e favorecer a toma de conciencia sobre da imprescindible incorporación da perspectiva de xénero ao noso quefacer profesional.