Naceu en Carballo (1966), aínda que agora está establecido en Ribadeo. é profesor de Filosofía no IES Marqués de Casariego (en Tapia, Asturias). Ten colaborado con diferentes xornais galegos e obtivo diversos premios literarios nos últimos anos.
Publicou O bosque de Nadgor e O soño de Xoán; tamén participou en diferentes obras colectivas: A Coruña á luz das letras, Follas de Carballo, Cadernos ribadenses-Especial Letras de Ribadeo, Contos de taberna, e Derrubando muros con pintura.