Cartas de Marco Polo e outros relatos
15 julio 2024Paremos a invasión. Que o plástico non nos domine
25 septiembre 2024Galicia foi unha gran produtora de emigrantes e cadáveres. Eles son os protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, ocultada acotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espazo fronteirizo, de loita pola supervivencia e de busca da felicidade. Nesta xeografía emocional, entre o apego e a perda, recoñécese o home no límite da condición humana. Esta paisaxe emocional é o territorio límite onde se sitúa Ratas en Manhattan. Esta obra enfía curtos relatos de ficción nos cales a vida é vista coma un xogo de ruleta rusa no que a loita pola supervivencia, nun espazo desesperanzado no cal azoroñan as ratas, supón unha fuxida constante da morte.