Muíños, fornos e pan de Neda
13 septiembre 2023A teoría dos contrarios
13 septiembre 2023A navegación marítima sempre estivo moi pendente dos astros. Os ceos eran os mapas dos mares. Para aprender a lelos de xeito eficaz había que aventurarse a ir máis aló do permitido. A ousadía duns poucos permitiu ultrapasar os muros da ignorancia e rachar coa esfera das estrelas fixas que o delimitaba todo.
Eses aires de cambio percorrían libremente os mares e acababan penetrando polos portos comerciais. Ribadeo non permaneceu alleo a estas novas influencias. De feito, o Tribunal da Santa Inquisición dera ordes expresas de poñer moita máis atención no control dos barcos que chegaban a porto e deixaban as súas mercadorías sen o debido control.