Salseiros
13 septiembre 2023Galicia, nosa ledicia
13 septiembre 2023Neste libro Bernardo Máiz Vázquez salda xenerosamente o compromiso intelectual co seu Seixo, ese microcosmos vital onde reside, transformado polas súas habelencias de investigador nun magnífico exemplo de historia local.
Baseándose en numerosos documentos procedentes de diversos fondos institucionais e privados, prensa da época, bibliografía específica, testemuñas orais, mapas, pinturas e fotografías de época, cunha áxil redacción o investigador realiza unha aguda e certeira reflexión económica, sociolóxica e territorial sobre as causas que contribuíron a xerar entre a veciñanza d’O Seixo a conciencia de seu e a de non ser moi de Franza nin de Mugardos, tamén a de ser da Outra Banda da banda de Ferrol.
Formato | 13 x 21 cm |
---|---|
Edición | xullo, 2015 |
Idioma | |
Páxinas | 176 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-16456-07-9 |