Contos nerviosos
13 septiembre 2023Milladoiro de contos
13 septiembre 2023Unha muller gris, anódina, esquecida e que se cre invisible decide finalmente facerse notar. Tómao moi en serio pois non ten nada que perder. Ao final do camiño está o suicidio pero antes ten moitas contas que saldar: “amigos” cos que reencontrarse e moita posta en escena que organizar, porque a súa saída deste chamado teatro da vida vai ser todo un espectáculo.
Ten que apuntarse a un ximnasio para presentarse o mellor posible na mesa de autopsias e pintar o salón para que o atope ben bonito a policía cando chegue a levantar o cadáver. Un cadáver que vai parecer unha estrela de cine, con extra de maquillaxe e vestiario incluído.
Porque non hai humor máis negro que aquel que xoga cos sentimentos máis profundos.
Este libro está escrito para facer rir, pensar (sen pasarse) e axudar a facer un pouco máis visibles ás mulleres que se quedan nas esquinas suxeitando os bolsos das súas amigas nas festas e que lles prestan cartos para viaxes aos que non están invitadas.