Vestida co arco da vella
13 septiembre 2023A urna dos desexos
13 septiembre 2023Este libro naceu do Seminario de Estudos do século XVIII “Vivir nas Luces” da Universidade da Coruña. Ferrol é case sinónimo do século XVIII. O seu patrimonio arquitectónico, a súa configuración e a súa historia o evidencian.
No conxunto de estudos que se recollen nesta obra pretendeuse dar unha visión panorámica da cidade no XVIII, dende as características da vida dos seus moradores, as condicións laborais dos traballadores e as características tecnolóxicas do que se converteu no primeiro estaleiro da coroa na península.
Este libro desexa ser un punto e seguido, unha posta en común, un acercamento a ese pequeno pobo de pescadores que no XVIII viviu unha eclosión en todos os aspectos da súa existencia, e que o introduciu a unha velocidade de vertixe na primeira liña da historia española, pasando a ser unha das súas máis prezadas xoias.
Formato | 15 x 21,5 |
---|---|
Edición | 2007 |
Idioma | |
Páxinas | 192 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-95460-72-1 |