Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única
13 septiembre 2023Máis alá!
13 septiembre 2023Guillermo Llorca aborda en oito capítulos a historia do viño en Ferrol, dende a chegada dos primeiros viñedos -da man de diferentes ordes relixiosa- ata a súa expansión, a comercialización ou a importancia que adquiriu como fonte de recadación tributaria; feitos todos eles que explican o seu consumo, a aceptación popular, a presenza en celebracións e reunións sociais entre as xentes do mar, e na emigración a Ultramar.
Detense tamén no comercio do viño, no papel protagonizado polos maragatos, distribuidores e almacenistas, na oscilación dos seus prezos en diferentes períodos históricos, no control fiscal nos fielatos, na loita contra o alcoholismo, na aparición nos nosos días dunha nova proposta empresarial para o seu cultivo nas terra de Covas e en FEVINO, una admirable iniciativa para poñer a Ferrol como escaparate internacional do viño e da cultura que o rodea.
Formato | 17×24 cm |
---|---|
Edición | Maio, 2022 |
Idioma | |
Páxinas | 224 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-69-3 |