Vestida co arco da vella
13 septiembre 2023A urna dos desexos
13 septiembre 2023O presente traballo recolle aquelas palabras e expresións que caracterizaron a nosa forma de falar durante moito tempo, e déronnos un sinal cultural e lingüístico polo que fomos recoñecidos en moitas partes de Galicia e España como “ferroláns”. Son polo tanto como acenos de identidade que nos foron acompañando ao longo das nosas vidas e que, moitas veces, serviron como referencia para situarnos no mundo. Moitas das palabras que aparecen aquí xa perderon o seu uso colectivo e quedan na memoria duns poucos como paisaxes despois da batalla, outras aínda seguen dando guerra e márcannos co ferro da orixe. Que ninguén espere atopar aquí “todas as palabras”, sería imposible. Este traballo é unha obra aberta, pero ademais é un traballo colectivo, feito por todos co facer diario da fala; por todos os que agora vivimos aquí e por todos os que nos precederon. A min só me tocou a tarefa de darlle forma, de ordenar un pouco os armarios para que o visitante non atope a casa tan desordenada.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | 11ª (abril 2020) |
Idioma | |
Páxinas | 80 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-24-2 |