
O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino de Lamas
15 abril 2025Velaquí a cuarta edición dun libro singular, un clásico no campo da divulgación da nosa literatura de tradición oral. Un total de 352 textos que constitúen pegadas indelebles da nosa cultura popular. Unha sorte de vademécum onde atopar todo, ou case todo, o que se debe saber sobre a literatura tradicional da comarca do Valadouro. Nunca se cerra o círculo do coñecemento, é certo, outras e outros deberán vir detrás deste extraordinario traballo dos tres precursores e seguir rastrexando o esquivo patrimonio oral que nos toca herdar, mais esta obra constitúe, con certeza, a pedra fundacional sobre a que se vai edificando con plena seguranza a fabulosa memoria do Valadouro
Otras recomendaciones nuestras
-
Contos de taberna
13,00€