Cos ollos do avó
13 septiembre 2023La Ibense: unha heladería artesana en Ferrol
13 septiembre 2023Contos de taberna
13,00€
Os autores e autoras son: Ramón Vilar Landeira, Rosalía Fernández Rial, Mercedes Queixas, Paco Souto, Ignacio Silva, José A. Andrade, Farruco Graña, Santi Garrido, Henrique Mariño, Santiago Pazos, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, María Canosa, Alberto Varela Ferreiro, Fernando Cabeza Quiles e Beatriz Fraga participaron.
As tabernas sempre foron lugares de historias, de palabras, de interacción e comunicación. De creatividade e de contos. Por iso, creadoras e creadores diversos decidiron plasmar esas historias, contos, palabras e creatividade taberneira carballesa en textos e imaxes.
Co viño, de tapa, un conto. Coa cervexa un poema. Co café un debuxo. De aperitivo, conversa e inspiración. Agora bótalle o dente a este libro e, despois, seguramente che entren xa as ganas de ir explorando os diferentes locais que o protagonizan, que poden ser estes ou outros calquera.
Máis de trinta creadoras e creadores interviñeron en Contos de Taberna con textos e ilustracións inspiradas en diversos bares da capital bergantiñá, un proxecto impulsado polo Concello de Carballo no que participaron diversos locais hostaleiros difundindo esas creacións entre a súa clientela. Palabras, historias e imaxes que se compilan neste libro.