Salseiros
13 septiembre 2023Galicia, nosa ledicia
13 septiembre 2023Badaladas de Anllóns é un canto ás augas do río Anllóns. Desde os montes de Santa Leocadia e de Montemaior baixan as súas augas cara ao suroeste para xunguírense coas do Rosende e o Taboada, abrazadas nun mesmo curso. Os relatos que conforman Badaladas de Anllóns tamén percorren a nosa xeografía, así como a nosa historia: desde finais do século XVI ata os nosos tempos. Todas as historias que conforman este caudal de relatos posúen un denominador común: a loita das nosas xentes por saíren adiante e gañar a batalla aos novos tempos.