Salseiros
13 septiembre 2023Galicia, nosa ledicia
13 septiembre 2023O islandés Gudmund Arnórsson emprende a vella rota que os seus predecesores tardoviquingos inauguraran moitos séculos atrás, o Vestvegr. Desde Ribe, en Xutlandia, navega até chegar ao porto de Ferrol. Axéxao
un pasado cheo de fracasos e turbacións.
Ana Saavedra artella unha ambiciosa publicación. Interésase por algunha persoa escandinava que queira envolverse na iniciativa e na que Gudmund Arnórsson participará de bon grado.
Como nunha sorte de road movie, o lector verase deste xeito mergullado nunha vertixinosa aventura de persecucións, contrabandistas, enganos e dilemas éticos.
Unha trepidante narración chea de intrigas e sorpresas en que, xunto con Ana e Gudmund, a indómita paisaxe islandesa, un mar de tormentas, Ferrol e o Camiño Inglés virán a converterse en verdadeiros protagonistas do
relato.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | Maio, 2019 |
Idioma | |
Páxinas | 312 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-03-7 |