Varela Gestoso, Mónica Inés

Varela Gestoso, Mónica Inés

Natural de Vilanova de Arousa, leva residindo en Teo dende hai anos. é profesora no IES Manuel García Barros da Estrada. Co poemario Soño de nenos gañou o Premio Arume de Poseía da Fundación Xosé Neira Vilas. O xurado destacou da obra a súa escritura áxil e as súas imaxes luminosas, “todo un mundo de elementos tenros e marabillosos, tecidos por unha persoa que denota un perfecto coñecemento da alma infantil. A súa lectura pode facilitar un primeiro contacto coa lírica e ofrecer ós mestres un valioso recurso educativo”.

Ir al contenido