Narón, 1967. Ingresou na Escola de Teatro de Narón en 1989. En 1992 funda Caroza Teatro e, desde ese momento, combina os traballos de actor, autor e director. En 1995 gana o premio ao mellor texto teatral orixinal no certame Xuventude 95. é autor, entre outras, das seguintes obras: Sursum Corda, Cento Voando, Desjraciados, ¡Oh! ¿Que facer cando xa sei quen son?, Dezaseis horas, Pedro Pablo e Leandro José, Tres notas, Fobias (Unha estraña noite na casa de Luis Mendía) e Se normal. Vota Substancia Bucanera. Con Monólogo do imbécil (edicións embora, 2003) ganou o Premio Max de Teatro en 2003.