Viveiro, 1959. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1985 dedícase profesionalmente ao teatro, combinando o traballo de actor en diferentes compañías co de dirección e escrita dramática. Profesor de Guión e Teatro na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1989 funda con Anxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixe e interpreta os seus propios textos. Con Ladraremos (Comedia de amor e medo), estreada en 1996, conseguiu o Premio María Casares de Teatro. En 2004 estrena Paso de Cebra, Premio Max de las Artes Escénicas en 2006.