Manolo González é un activista do cinema e o audiovisual galego dende hai corenta anos en diferentes iniciativas do eido industrial, educativo ou institucional. Foi o impulsor e director da Escola de Imaxe e son da Coruña (1990-1998) ou da Axencia Audiovisual Galega (2005-2009). Asemade colaborou coas Universidades de Vigo e Coruña. Coordina o encontro de cineastas da Chanfainalab de San Sadurniño (2014-2025). Nos últimos anos foi publicando libros, folletos e artigos, nomeadamente sobre formación, política audiovisual e cinema de emigración a través de figuras senlleiras do noso cinema como José Gil (“Nos días encantados de agosto”, premio Losada Diéguez 2023) e Antonio Rey Soto (“O benshi de Galicia”, finalista nos Premios Rosalía de Castro 2024).