Naceu no Pino o 28 de outubro de 1943. Aos quince días trasladouse a Ferrol, onde viviu de nova. Estudou maxisterio e, en 1965, iniciou a súa vida docente, que exerceu en vilas e aldeas galegas. Escribiu e publicou cinco libros. Na súa obra intenta transmitir valores necesarios para vivir e facer a vida máis bela.