Elga Fernández Lamas (Ferrol, 1976) é unha ilustradora autodidacta que se dedica por completo á ilustración gráfica e compaxina os encargos de carteis, portadas de libros ou packgaging co seus proxectos propios. Dende hai uns anos traballa dende o seu estudo en València.
Interesada na etnoloxía, a arquitectura e a moda, utiliza composicións moi coloridas de liñas simples coa muller casi sempre como centro das imaxes.